23 de abril, día de San Jorge
Vivimos e contamos o Día Internacional do Libro 2025 dende Espacio Lector Nobel
Esta vez a radio visita a Ana González e a Espacio Lector Nobel, a carón da coruñesa praza de Ourense, con motivo do Día Internacional do Libro. Ana cumpre coa costume de recomendarnos tres libros en medio do axetreo que hai na libreria, chea de xentes que buscan un libro para agasallar.