Entrevista en Más de Uno A Coruña
Fillas de Cassandra no Noroeste Estrella Galicia: "Non existe lugar máis emblemático para tocar"
As súas letras e melodías, "sempre atravesadas polo feminismo", como Tataravoa ou Punheta!, chegarán este venres ás nove da noite ao Noroeste Estrella Galicia.
Coa súa xira Últimas Dionisiacas percorrerán este verán localidades como Ferrol, Boimorto, A Coruña ou Bilbao. Xa estiveron en lugares tan afastados como Marrocos. Algo que para Sara Faro, unha das integrantes do grupo, demostra que "o galego nunca vai a ser unha fronteira para nada".