Volver a autores
Susana pedreira_miniatura_app

Susana Pedreira

Periodista en Más de Uno Pontevedra, Gente Viajera Galicia, y Un alto en el camino.

Licenciada en Periodismo por la Universidad de Santiago de Compostela. Empezó trabajando en comunicación empresarial e institucional y en 2009 se incorporó a la redacción de Onda Cero. Dirige y presenta el programa local diario 'Más de uno Pontevedra' y desde 2015 se encarga de 'Gente viajera de Galicia', un programa semanal centrado en el turismo, el ocio, la cultura y la gastronomía. Además, desde 2016 forma parte de la programación nacional de Onda Cero con el programa veraniego 'Un alto en el camino'.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 06/11/2024

Abrimos o programa coa actualidade desta xornada de mércores e falando de enerxía fotovoltaica coa empresa pontevedresa Coversun Solutions. Abrimos o almorzo informativo semanal desde o Café Bar Carabela coa concelleira de promoción da cidade de Pontevedra, Anabel Gulías, e a coordinadora da feira Etiqueta Negra, Vanessa López, como convidadas. Ademais, completamos o programa co espazo de saúde en compañía de Mónica Gómez Lor.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 05/11/2024

Trala comparecencia do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, abrimos o programa coa actualidade desta xornada de martes e conversando co alcalde de Vilagarcía de Arousa e presidente da FEGAMP, Alberto Varela. Ademais, coñecemos a campaña solidaria cos afectados pola DANA de A Fundación en Pontevedra en compañía da responsable da súa área de Cultura, María Teresa Cores. Como cada martes, completamos o programa co espazo Cronopios semanal e as mellores recomendacións de Mercedes Corbillón.

Espazos de lecer e festivos seguros

O Concello impulsa un protocolo fronte ás violencias sexuais no lecer nocturno

A concelleira de Igualdade, Anabel Gulías, presentou o borrador do que será unha ferramenta de prevención, detección e actuación fronte a calquera tipo de violencia sexista para contribuir a crear e consolidar espazos de lecer e festivos seguros para todas e todos. “Malia que as máis das veces somos as mulleres as que sufrimos as violencias sexuais, hai persoas do colectivo LGTBIQA+, que son tamén obxecto desas agresións”, lembrou a concelleira. Hai que lembrar que a violencia sexual ou a ameaza de sufrila é unha das formas prioritarias de limitación de acceso a espazos públicos en clave de igualdade e desde o Concello de Pontevedra trabállase en acadar unha igualdade real e efectiva.

Cita no Museo

Unha nova exposición mecida polo “Vento” no Museo de Pontevedra

Recíbenos o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, no Museo de Pontevedra para visitar a exposición ‘Alberto Baraya. Vento’. É a segunda mostra do ciclo ‘Infiltracións’, que convida a artistas contemporáneos a dialogar cos fondos do Museo.