Noticias Vigo, 13.40
A crise de abastecemento de microchips supuxo a perda de máis de 7.000 empregos ao sector da automoción
Luns sen actividade na factoría viguesa de Stellantis. Os dous sistemas de producción pararon pola falta de microchips, unha situación que se prolongará no caso do sistema un ata o vindeiro xoves. Dirección e sindicatos plantexan estes días a negociación para novos ERTES en 2022.