Polémica polo baleirado dos encoros

Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente: «Se a Confederación Hidrográfica non quere exercer as competencias que llas trasladen á Xunta»

A conselleira asegurou, na Brújula de Galicia de Onda Cero, que o venres pasado deron curso aos expedientes sancionadores dirixidos á Confederación Hidrográfica Miño-Sil e ás empresas concesionarias dos encoros. Ánxeles Vázquez criticou as afirmacións que o presidente da Confederación, José Antonio Quiroga, fixo neste mesmo programa. «É un señor que está exercendo un posto e que está desaparecido, botando balóns fóra», aseverou a conselleira.

ondacero.es

Galicia | 07.09.2021 19:38