restriccións

7 concellos en nivel máximo e 29 no alto, entre eles 3 cidades

No nivel máximo estarán desde o sábado O Barco de Valdeorras e a maioría dos máis turísticos da comarca do Salnés: Cambados, A Pobra, Boiro, Sanxenxo, O Grove e Meaño.

Outros vintenove municipios pasarán ao nivel alto. Entre eles hai tres cidades: Ourense, Pontevedra e Vigo, pero tamén vilas turísticas de Arousa como A Illa, Vilagarcía, Vilanova e puntos da costa de toda Galicia como Viveiro, Foz, Baiona e Gondomar.

O presidente da Xunta salienta que as restriccións afectarán a un terzo da poboación galega.

No nivel medio quedarán outros trinta e oito concellos entre os que están o resto das cidades: Santiago, Lugo, A Coruña e Ferrol. A maioría dos municipios, 239, seguirán no nivel medio baixo.

Redacción

Galicia | 21.07.2021 14:33