Crise demográfica

Desplome da natalidade en Galicia nos nove primeiros meses do ano

Datos do Instituto Nacional de Estatística.

Ángeles San Luis

Santiago |

Crónica de Ángeles San Luis en Onda Cero Galicia

Nos nove primeiros meses de 2024 naceron en Galicia 10.032 bebés; 345 menos que hai un ano.

Galicia é a comunidade na que, porcentualmente, máis baixan os nacementos neste período en toda España. Séguelle Euskadi. Só en oito autonomías houbo un incremento dos nacementos.

Outro dato facilitado polo INE foi o da esperanza de vida en 2023. Subiu nunhas décimas ata os 83,6 anos na comunidade galega; pero está por debaixo da media nacional, que se sitúa en 83,77 anos. Só unhas décimas de variación. Hai diferenzas, como é habitual, entre a esperanza de vida das mulleres e dos homes. A esperanza de vida das galegas é de 86,5 anos e a dos galegos está nos 80,6 anos.