Na inauguración interviñan o ex presidente, Mariano Rajooy e o presidente do Partido Popular, Pablo Casado. O ex presidente considera como imprescindible abordar un plan de reformas para poder superar a crise da pandemia, entre elas a contención do déficit público. Mariano Rajoy está convencido de que será Pablo Casado quen teña que abordar decisión difíciles para "arreglar", dixo, o que outros "están estropeando" e será Pablo Casado quen reformará as pensión "ainda que che farán unha folga", dicia o expresidente.
O vicepresidente da Comisión Europea, Margaritis Schinas advertía que os fondos Europeos para a recuperación económica non é "diñeiro gratis" para os Estados. Nesa idea afondaba o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo quen ademáis mantivo que a transición enérxetica está pondo "en solfa" 16 mil postos de traballo en Galicia e que o Goberno de Pedro Sánchez emprega Europa para tapar a súa incapacidade.