INCENDIOS

Medio Rural preocupado pola falta de choivas e os lumes forestais

O conselleiro do Medio Rural, José González amosou a sua preocupacion pola falta de choivas e a repercusión que a situación poida ter nos lumes forestais. Gonzalez reunirase coa comunidade de regantes da Limia e tamén con representates do sector agrogandeiro desta comarca ourensá.

Redacción

Santiago de Compostela | 26.05.2022 13:06

A Xunta en colaboracion co Estado comeza a executar os plans de regadio da comarca ourensá da limia ca perforacion de pozos para no vindeiro ano acometer xa a modernizacion das infraestructuras con inversions que superaran os 36 millons de euros. Antes do verán abrirase unha oficina de informacion sobre o plan estratéxico. Confirmouno nunha xuntanza esta mañá en Ourense cas comunidades de regantes o conselleiro de medio rural Jose Gonzalez que non agochou a sua preocupacion polas consecuencias da falta de precipitacions e o seu impacto nos lumes forestais

O conselleiro do medio rural comprometeuse tamén hoxe a atender as demandas dos representantes do sector agrogandeiro da limia ante a escalada de prezos.