sanidad

OMEGA demanda medidas para cubrir las plazas de médicos de familia en el rural

Os sindicatos médicos piden a Goberno Central e Xunta que busquen solucións para evitar que queden vacantes prazas de médicos de familia, sobre todo en centros de saúde do rural. Este ano quedaron sen cubrir nove destas prazas, todas na provincia de Lugo.

A Xunta culpa ao Ministerio. Pídelle que elimine as notas de corte para que todos os mir poidan acceder a esta especialidade. Pero ademais, Alberto Freire, representante do sindicato médico Omega na área sanitaria de A Coruña, reclama ao Goberno galego que mellore as condicións laborais, para facer estas prazas máis atractivas.

Entre as melloras que propón, está sufragar os gastos de desprazamento desde unha cidade a estas zonas con peores comunicacións.

Redacción

Santiago de Compostela | 25.05.2022 15:45