desescaladaPubs e discotecas abrirán ata as 3 da madrugada
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que se atenderon algunhas das principais reivindicacións do sector do ocio nocturno. Haberá pista de baile, pero hai que gardar distancia de metro e medio e ir con máscara; e a barra estará habilitada para pedir e recoller consumicións. Rueda confirmou que os locais deberán rexistrar aos asistentes e dispor de medidores de CO2. Este é o anuncio que facía tra-la reunión co sector.
O día quince de xullo farán unha revisión das medidas.
Redacción
Santiago de Compostela | 25.06.2021 08:48