Feijóo quere excluir a máscara no rural

A Xunta non establece restriccións pero recomenda burbullas familiares para as cenas de Nadal

A máscara será obrigatoria en exteriores de novo a partir de mañá. É a principal conclusión da conferencia de presidentes. Porén, o presidente da Xunta, xa indica que no rural non será necesaria e cre que debería manterse só durante as festas. Asegura que o Nadal non se celebrará con restriccións pero aconsella non sobrepasar as dúas unidades familiares para evitar un incremento exponencial dos contaxios. A vindeira semana analizaránse as medidas para Fin de Ano e as cabalgatas de Reis.

Redacción

Galicia | 23.12.2021 09:20