Comezan os actos de celebración do Día das Letras adicado este ano á autora coruñesa Luísa Villalta. En Sada, a localidade na que a autora deu clase ata a súa morte prematura en 2004, presentouse esta mañá a Primavera das Letras, a páxina web da Real Academia Galega con contidos para achegar a súa figura aos máis pequenos. Ademais, ten recursos para promover o uso do galego durante todo o ano.
En Galicia en la Onda falamos con Fina Casalderrey, a académica que coordina este proxecto.