Confía en que a empresa sente a negociar na mesa industrial constituida esta semanaA conselleira de Emprego confirma na Brújula de Galicia que Vestas rexistrou de xeito oficial o ERE extintintivo
A conselleira María Jesús Lorenzana confirmou, en entrevista en Onda Cero Galicia, que a empresa danesa xa presentou oficialmente o ERE na Consellería de Emprego. Comeza polo tanto o seu curso oficial. Tamén sinalou que a empresa fixo «acuse de recibo» da proposta para que se una á mesa industrial, polo que confía en que den ese paso e poida haber unha negociación.
Na Brújula de Galicia falamos con Lorenzana da orde de axudas que activará a Xunta en outubro para darlle máis marxe a que autonómos e empresas poidan acceder ao diñeiro consignado no terceiro plan de rescate. Tamén nos explicou a liña de axudas para compensar a perda de poder adquisitivo dos traballadores en ERTE.
ondacero.es
Galicia | 30.09.2021 20:08