O presidente Núñez Feijóo comprometeuse a estudiar os documentos que lle fixeron chegar os dous líderes da oposición; ademais, convidounos a facer propostas para a reactivación económica da comunidade no seo da comisión aberta no Parlamento. Tamén ofreceu a nacionalistas e socialistas ter en conta os seus argumentos na elaboración do novo modelo de residencias da terceira idade no que traballa o Governo autonómico.
Pola súa banda, a portavoz do BNG, Ana Pontón, saliantou que conqueriu achegar posturas co presidente para avanzar nun acordo sobre a loita contra a violencia machista e o autogoberno de Galicia. Porén, lamentou que Feijóo non aceptase asinar «un gran acordo de país» para a reactivación económica. Nesta liña, demandou que se remita ao Parlamento a listaxe de proxectos que a Xunta avala para captar os fondos Next Generation.
E o secretario xeral do PSdG-PSOE, Gonzalo Caballero, mantivo que viu a Alberto Núñez Feijóo con «vontade constructiva». Pediulle que se avance nunha cogobernanza para a reactivación da economía galega tra-la pandemia.