Cae a venda de peixe e marisco nas lonxas galegas por mor da pandemia
As restriccións por mor da situación sanitaria, e especialmente o peche de restaurantes, fixeron caer as vendas nas lonxas ata en sete mil toneladas nos primeiros once meses deste ano. baixan tamén os beneficios, que ata decembro de 2020 foron de 363 millones de euros, fronte aos 465 do ano pasado.
ondacero.es
A Coruña | (Publicado 15.12.2020 09:44 )
Porén, nas lonxas galegas hai variedade, cantidade e calidade. Así o explica unha peixeira do mercado de abastos da praza de Lugo, na Coruña. Neste posto, todo o peixe e o marisco son galegos, agás o salmón.