Francisco Bello insistiu na entrevista que concedeu a Onda Cero que o seu obxectivo era servir ós veciños que o votaron, sin querer facer outro tipo de política, sin querer incidir en que esta circunstancia influira nas presións que lle dixo ter o alcalde para cesa-lo, porque "ata o último día estiven para defender as concellerías que me delegaron".
"Eu sempre intentei adicarme a traballar e non entrar neses conflictos, nin nas camarillas. Non me interesan. Presenteime para intentar facer o mellor posible polo pobo de Carral. E non entrar nese tipo de cousas. Intento manterme á marxe, adicándome ás concellerías que me delegaron. Non me interesan campañas, nin facer leña do árbol caído. Eu estaba para traballar, face-lo o mellor posible e con iso me quedo", destacaba Francisco.
Por esto non vai renunciar á acta de concelleiro. "A acta vouna conservar. Elexíronme os veciños para representa-los e vou estar ata o final da lexislatura, por eso me elexieron. Sigo pelexando polos dereitos dos veciños e para facer cousas. Para eso nos elixen", precisou.
Fran Bello formou parte das listas de Alternativa dos Veciños. Por eso había que preguntar pola figura de Ángel García Seoane, Gelo, alcalde de Oleiros e presidente do partido. Neste sentido, Francisco apuntaba que "a miña relación con Gelo sempre foi cordial. Tiñamos reunións, pero non se meteu en Carral. Non tiven noticias por parte de Oleiros. Conmigo non se puxo ninguén en contacto. Prefiro vivir na ignorancia. Prefiro estar tranquilo e orgulloso do traballo feito.
E por último duas mensaxes de ánimo. A Iván Ares, co que compartiu pupitre Fran, despois de anunciar que vai parar temporalmente por problemas de saúde mental. E os novos integrantes da comisión de festas de Carral, que se encargaron de organiza-las festas do Socorro.