Recibimo-la visita a Onda Cero Coruña de Juan Carlos Corbacho. O que fora presidente do comité de empresa de Alcoa comenta a situación pola que están pasando os antigos empregados da pranta coruñesa. Na actualidade as indemnizacións que lle corresponden a antiga prantilla, uns 600 en situación de paro, están bloqueadas pola impugnación que plantexaron 14 deles. Sobre a situación da factoría fala dun conflicto que non rematou, ante os compromisos que non se cumpliron. Corbacho no descarta a volta as movilizacións. A débeda da antiga propietaria da pranta da Grela ascende a 45 millones de euros e as instalacións están en proceso de subasta.
Falamos, tamén, co Alcalde de Cambre sobre o novo filtro de Instagram de realidade aumentada para promociona-los murais realizados dentro do Cromático Mural Fest.
Tamén damos conta das movilizacións dos empregados de CCOO.
E as seccións dos luns: Facendo empresa, hoxe coa Federación de Libreiros de Galicia. Más de Una Nota, con Marcos Seoane.
Actualizamos a información local. E os Deportes, con Alberto Gómez Barros, co repaso á fin de semana na que destacou a remontada de Leyma Basquet Coruña ante Burgos e un gol máis, e xa van catro en tres partidos, de Lucas Pérez co Deportivo, gol que serviu para sumar tres puntos ante o Raio Majadahonda.