Comité de Empresa de Navantia FerrolMiguel Pol: "Pedimos ó Goberno que transforme as nosas instalacións como o están facendo outros países"
Os Comités de Empresa de Navantia en Fene e Ferrol fixeron hoxe outra chamada de atención para facer ver a necesidade de mellorar as instalacións de cara a ser competitivos para conseguir carga de traballo. Por iso reclaman unha modernización semellante á de outros asteleiros noutros países. Por diante virán xuntanzas coas institucións e non descartan movilizacións. Así no lo comentou Miguel Pol, do Comité de Empresa de Navantia Ferrol. Tamén se referiu a situación do asteleiro en Fene, onde insisten en reclamar unha modernización do cadro de personal.
Alberto Gómez Barros
A Coruña | 15.02.2022 14:45