Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos NaturaisPaula Uría: "O orzamento do Renove 2022 é de 2.5 millóns de euros, pídese nos concesionarios adheridos e a axuda pode chegar ata 4.600 euros"
Desde o pasado luns está activado o Plan Renove 2022 activado pola Xunta de Galicia para renovar o parque automovilístico de Galicia e durará ata que se agote o orzamento de 2.5 millóns de euros.. A directora xeral de Planificación Enerxética e Recusos Naturais, Paula Uría, detallou as condicións en Más de Uno Coruña. Son axudas que poden ter un máximo de 3.600 euros máis 1.000 euros descontados polos concesionarios. Os coches que teñan menos emisións terán máis axudas. Lembrou Paula Uría que o parque de turismos de Galicia ten unha media de 14 anos.
Redacción
A Coruña | 19.01.2022 16:03