A Deputación da Coruña presenta un stand en Madrid Fusión con duas facianas. Por unha parte están os emprededores que levaron a Madrid Fusión o seu producto. Dende A Coruña, Cafés Aruba. Dende Santiago de Compostela, Chichalovers. Dende Bergantiños, La Despensa de Lujo. Dende A Coruña, Bonilla a la Vista e Ternura. Seguimos o cuadrado e na outra beira están San Isidro Bakery, dende Bergondo. E por último, dende Riberia, A Conserveira.
En Más de Uno Coruña empezamos falando con Alejandro Paadín sobre os viños da provincia da Coruña, con tres zonas, Betanzos, Barbanza-Iria e As Rías Baixas, coa subzona do Ulla. Nese momento, houbo degustación de treixadura ecolóxica. Atendeunos Darío, reponsable de Chichalovers, na Porta do Camiño, en Santiago de Compostela, feliz por recibir o Solete Repsol e por terlle dado a Joan Roca e a Ferrán Adrián uns chorizos deste establecemento.
Despois Lucía, dende Coristanco, falounos de La Despensa de Lujo, que levou a Madrid Fusión patacas de Coristanco, guisante bágoa, compangos de porco celta, panales de mel e broa de millo corvo.
E rematamos a primeira intervención con Lucía No, responsable dunha saga familiar á fronte de San Isidro Bakery. Lucía contou na sua exhibición culinaria as suas viaxes a Milán para coñecer a técnica dos panettones que logo fabrica no seu obrador en San Isidro-Bergondo. Cóntanos como fusiona o panettone con producto íntegramente galego. E este mércores, tamén foi finalista no campeonato da empanada que organiza a Xunta de Galicia.
Xa na segunda conexión atendeunos Alfonso Moreno, no posto de Bonilla a la Vista, unha pataca cada día máis coñecida lonxe da Coruña e con unha gran venta nos Estados Unidos dende que as recomendou Oprah Winfrey, ate o punto de que dobraron as quendas de traballo na fábrica para atender toda a producción.
O pai de Alfonso, Emiliano Moreno, foi, ademáis, directivo do Deportivo da Coruña, na etapa anterior a Lendoiro.
E a outra faciana do stand da Deputación de A Coruña coa provincia que sabe amosa exhibicións culinarias das que disfrutan os visitantes a Madrid Fusión. Este martes foron protagonizadas por Lucía No López, de San Isidro Bakery, cos seus vasiños de panettone con mango, crema de avelá e mousse de frambuesa. Tamén disfrutamos da charla de Luís Paadín sobre so viños da provincia da Coruña. Logo chegoulle o turno de Fabián Mouzo e Lara Alvarellos, cos seus callos con garbanzos. Fabián é responsable de O Camiño Fala en MAzaricos.
Tamén houbo degustación de fabada galaica de La Despensa de Lujo, con broa de millo corvo, desde Coristanco, con Lucía.