Este venres Fillas de Cassandra abre os concertos do Noroeste Estrella Galicia na praia de Riazor coa súa xira Últimas Dionisiacas. Unha cita que lles fai moita ilusión, pois opinan que "non existe lugar máis emblemático para tocar". Comparten escenario e cartel con grupos que admiran, como Xoel López, Vetusta Morla, Triángulo de Amor Bizarro ou The Rapants. O venres desfrutarei "como unha Filla de Cassandra" e o sábado "como unha nena", confesa.
Sara Faro, que xunto a María SOA forma este grupo, repasa en Más de Uno A Coruña a súa meteórica carreira; na que están cumprindo soños e actuando en lugares que levaban tempo agardando. Lembra que "o festival de Ortigueira foi do máis emotivo que nos pasou".
As súas letras e melodías, "sempre atravesadas polo feminismo" como Tataravoa ou Punheta!, chegarán este verán á praia de Riazor. Despois a localidades como Bilbao, Ferrol ou Boimorto. Xa lles levou incluso a Marrocos, onde estiveron unha semana. Algo que para esta artista demostra que "o galego nunca vai a ser unha fronteira para nada".