A sesión deste mércores foi intensa e longa, coa declaración do xefe do operativo da Policía Nacional que levou a investigación do asasinato de Samuel Luiz. Dende o día de autos ate o seu traslado a comezos de novembro de 2021.
Foron catro meses intensos, con ate 54 declaracións. 15 nos tres primeiros días, 16 na semana posterior ó crime e 21 despois das detencións. Testemuñas que declararon ata duas veces. Este mando policial destacou a Kaio e a Alejandro Míguez, dous dos acusados, que na sua primeira declaración descartaron a sua participación nos feitos. Foi un traballo de contrastar testimonios coas imaxes de tres cámaras, sobre todo, mesmo coa axuda da Intelixencia Artificial para obter máis definición para as detencións finais e unha conclusión clara, por parte do xefe policial. A agresión grupal que sufriu Samuel Luiz, tanto por acción como por omisión de auxilio.
Antes deste xefe policial, declarara Adriana, transexual e amiga da infancia de Katerine para apuntar que Katerine nunca amosou comportamentos homófobos. E rematou a sesión coa breve declaración de dous policias nacionais que se achegaron o lugar dos feitos esa noite. Para mañán está prevista a declaración de ata cinco axentes máis.