Achegámonos ao Mercado de Elviña para dar a coñecer unha iniciativa máis de Dani Rocha: Convertir as cámaras frigoríficas dos postos do Mercado de Elviña en escaparates onde se pode ver e mercar roupa de segunda man.

Dani conta nesta iniciativa coa axuda de Martina Lubián, influencer, que nos conta cómo cambiou o camiño da sua vida e apostou por deixar de consumir por consumir roupa nova para aprobeitar a usada e darlle o valor que ten. Foi en 2018 cando lle imprimiu a sua vida un uso sostible, e iso tamén o levou á moda que consumía.
