O novo Reitor, Ricardo Cao, e o seu equipo directivo afrontaron o seu primeiro claustro, coas contas da universidade e a redacción dos novos estatutos como principais puntos do día. En canto as contas, coñecimos nas últimas horas un desafse de 3.2 millóns de euros que impiden aprobar un presuposto novo e obriga a prorrogar o anterior. Ricardo Cao apuntaba que este burato económico non é responsabilidade dos anteriores mandatarios, con Xulio Abalde á fronte.
Durante o claustro falou o anterior Vicerector de Planificación económica, Domingo Calvo, para xustificar que no ano 2022 douse unha combinación fatal para a Universidade: a subida da inflación que, combinada con unhas taxas de matrícula conxeladas provocaron este desfase de máis de 3 millóns de euros, algo que corroborou o actual Vicerector responsable das finanzas da Universidade da Coruña, Ángel Fernández
Lembrou e reiterou Ángel Fernández que os 118 millóns de euros que aportou a Xunta de Galicia casi quedan consumidos polos 115 millóns que se gastan ya en salarios.