O presidente di que "non se pode parar a Historia e mirar atrás"

A RAG adica o Día das Letras de 2021 a Xela Arias fronte a quen reclamaban prolongar o "Ano Carvalho Calero"

O presidente da Real Academia Galega cre que non se pode parar o tempo. Deste xeito explica que se adique o Día das Letras de 2021 á poeta sarriá Xela Arias, cuxa candidatura se presentou este ano por terceira vez.

Pilar Ozores

A Coruña | 23.12.2020 14:27

Na súa opinión, os académicos están a combinar o recoñecemento a figuras históricas con voces máis novas como a de Arias, falecida en 2003 aos 41 anos.

Víctor Freixanes cre que aínda en 2021 se pode adicar tempo á figura de Ricardo Carvalho Calero pero incide na importancia das novas tecnoloxías, internet e as redes sociais para recoñecer ao escritor ferrolán nun ano complicado como o 2020.

De cara a 2021, Freixanes entende que terán que afrontar un camiño semellante ante as dificultades que se poidan presentar.

De Xela Arias, o presidente da RAG salienta, non só que representa ás voces transgresoras da poesía dos anos 80, senón tamén o seu labor como editora e tradutora.

Temas