Catro son as líñas do documento que propón a Xunta de Galicia ó resto de administracións que van traballar para concretar a líña definitiva do uso do Pazo de Meirás. Como insistiu o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, trátase dun documento aberto. Pero deixa claras as intencións da Xunta sobre o uso a dar ó Pazo: Poñer en valor a figura de Emilia Pardo Bazán, dende a perspectiva de creadora cultural e tamén de pioneira da igualdade. Pero sen esquecer a figura de Franco, destacando que os valores da democracia están por encima das dictaduras.
Así as cousas, dende a Xunta propoñen catro líñas de acción para o uso do Pazo:
1. Apertura do Pazo á cidadanía, facendo de él un Museo. Ademáis, con programación didáctica, con visitas de escolares para o coñecemento da figura de Emilia Pardo Bazán, promocionando a sua vea cultural, igualitaria e democrática.
2. Centro de creación cultural e artística. Mesmo para dinamizar o sector cultural e facer de él un espacio de innovación
3. Lugar de emprendemento e investigación para reivindicar a figura de Emilia Pardo Bazán como persona que fomentou a igualdade. Crear no Pazo un Foro para ideas que promovan a igualdade entre as persoas.
4. Xardín da Liberdade. Aquí destacan a cantidade de espacios verdes que sirvan para lembrar mesmo as personas represaliadas e poñer en valor a democracia.
Preguntado sobre as posibles interpretacións que se lle poidan dar as propostas de Xunta, insistiu Román Rodríguez que non hai nin cuotas para lembrar a Emilia Pardo Bazán e a Franco. O obxectivo e convertir as Torres de Meiras no Pazo de Emilia Pardo Bazán e non no Pazo de Franco.
Ainda así, ainda queda camiño por percorrer. Tanto nos tribunais, ata que chegue a sentencia definitiva da propiedade do Estado, tanto nas xuntanzas que deberán realizar as diferentes administracións, contando tamén con colectivos que pelexaron porque o Pazo voltara ás mans da cidadanía, para poder facer realidade a presencia de xente visitando o Pazo de Meirás.