Alberto Varela, presidente da FEGAMP

«Estamos nunha situación delicada; os concellos non podemos seguir aumentando os gastos»

Entrevista en Galicia en la onda de Onda Cero.

Ángeles San Luis

Santiago | 01.10.2024 17:12

A Federación Galega de Municipios e Provincias reunirá a súa Executiva unha vez que Sogama e a Consellería de Medio Ambiente confirmasen os criterios para que os concellos poidan acceder á rebaixa do 60 por cento da suba do canon en 2025. Insuficiente polo momento tan compricado que atravesan as arcas municipais; así o expresou en entrevista en Onda Cero Galicia o presidente Fegamp.

Alberto Varela insistiu en que os municipios están a facer un «sobresforzo» e precisan que se incrementen os seus ingresos. Urxiu a que a Xunta comunique cal será o montante do Fondo de Cooperación Local para o ano que vén. En engadía que «é necesaria unha reforma estructural do financiamento», expuxo..