O pianista e compositor Abe Rábade é o galego viaxeiro que nos acompaña esta semana. Leva moitos anos percorrendo o mundo para interpretar a súa música e para impartir docencia. Este 2020 dificultou as viaxes pero reflexionamos con Rábade sobre o que supón para a cultura propia a conexión coa allea. Na súa web aberabade.com podemos escoitar o seu novo EP e en decembro teremos novo disco co seu trío baixo o título "Sorte". Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira.