Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (17-05-2019)

Neste venres 17 de maio viaxamos por algúns dos escenarios importantes na vida de Antonio Fraguas: desde Cerdedo-Cotobade, a súa vila natal, ata Santiago de Compostela. Na capital galega facemos parada coa directora da Revista Pincha, Rebeca Munín, para poñernos ao día sobre as últimas propostas de cultura e gastronomía. A banda sonora do programa correu a cargo da cantante Lucía Pérez, unha galega viaxeira orgullosa do Incio que celebra 15 anos na música co seu novo traballo "Quince soles". Completamos a viaxe practicando Windsurf Foil en Limens, na ría de Vigo

ondacero.es

| (Publicado 17.05.2019 06:00 )