Gente Viajera de Galicia (02-06-2017)
Repasamos a actualidade do sector e facemos unha primeira viaxe express ata Compostela para percorrer o seu pasado medieval. Na entrevista estivemos coa editora de El Patito, Gemma Sesar, e co debuxante Joaquín González Dorao, autores da "Guía Ilustrada da Praza de Abastos de Santiago". Visitamos a capital europea do viño 2017, Cambados, para maridar viño, cine, música e gastronomía co proxecto "Videa Cambados". E, ademais de comer, aprenderemos a cociñar en EL TALLER de Ourense .