Gente Viajera de Galicia

Gente Viajera de Galicia (12-04-2019)

Comezamos celebrando que as montañas do Courel acaban de ser catalogadas como o primeiro Xeoparque Mundial da Unesco e, nesta viaxe antes da Semana Santa, visitamos Ferrol e Viveiro. Convidamos a dous guías profesionais para coñecer o traballo da APIT - Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia e percorremos o Camiño Portugués ao seu paso por Caldas de Reis. Para completar a viaxe comemos unha receita de premio: a cociñada por Diego Bello no I Certame Estrella Galicia de Cocina Atlántica celebrado no Salón Gourmets de Madrid

ondacero.es

| (Publicado 12.04.2019 06:00 )