Gente Viajera de Galicia (19-10-2018)
A actualidade máis viaxeira e un primeiro destino express (As San Lucas - Mondoñedo) abren o programa deste venres. Visítanos Natalia Maquieira, galega viaxeira con máis de 120.000 seguidores nas redes grazas ao seu blog "Paso a paso" (http://www.pasoapasoblog.com/). Visitamos O Grove co cociñeiro Javier Olleros, comemos os cogomelos en ferrol no restaurante Casalexo, e durmimos en Oleiros mentres observamos as estrelas no interior dunha burbulla.