Gente Viajera de Galicia (21-04-2017)
Moda e viaxes van da man no blog donkeycool de Patricia García, a galega viaxeira que nos visita este venres no tempo da entrevista. Percorremos Galicia de Sur a Norte facendo parada en Cambados para comer na Fonte do Viño, en pleno centro histórico da vila do albariño, e en Ribadeo para durmir no primeiro faro hotel de España: Illa Pancha. Ademais, repasamos a actualidade da semana e facemos unha viaxe express para asistir a unha cerimonia no Pazo de Villariza en Arteixo, onde a empresa "Desayuna Bodas" organizou un orixinal showroom. Na axenda de fin de semana recomendamos "Capital shopping" na cidade de Pontevedra