Gente Viajera de Galicia (25-01-2019)
Este venres viaxamos ata Madrid para falar da presenza de Galicia en FITUR: as presentacións de Turgalicia, a Ribeira Sacra e a cidade de Vigo centran a nosa atención ao longo do programa. Polo mundo viaxamos co galego Andrés Suárez: o cantautor pecha xira en Compostela despois de máis de 90 concertos en todo o mundo. Rematamos a viaxe en Arzúa, descansando na Casa Brandariz.