Comezamos a viaxe desta tarde repasando a actualidade e cunha primeira parada na provincia de Ourense con Xesús Álvarez para coñecer as decisións do "Triángulo Máxico" sobre as celebracións do entroido. "Camiña a Galicia" é o lema da campaña institucional da Xunta para o Ano Santo e dela falamos co conselleiro de Turismo e vicepresidente, Alfonso Rueda. Ademais, a Santiago de Compostela chegaremos como peregrinos a través da radio coa directora da Revista Pincha, Rebeca Munín. E o noso destino final desta tarde é unha viaxe culinaria con Elsa Casal, autora do blog "kukinhas" e dun libro de receitas que nos sirve como guía para a última viaxe do programa.