Programa especial de "Gente Viajera de Galicia" desde a Pinacoteca do Real Colexio da Nosa Señora da Antiga PP. Escolapios de Monforte de Lemos. Falamos coa xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Alexandra Seara. Explicaron as potencialidades do Camiño de Inverno Manuel López Eiriz e Javier Aira, da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra. Belén Elisa Díaz, repasou a proposta do "Camiño Creativo". Repasamos co enólogo Rubén García, novidades dunha das adegas máis visitadas da D.O Ribeira Sacra, a adega Vía Roman da familia adegueira Méndez-Rojoe rematamos repasando a historia do Colexio da Nosa Señora da Antiga, conversando co PP Javier Agudo, xerente da Fundación.