Alba Sotelo lévanos de viaxe pola Galicia dos rural influencers
A familia viaxeira medra coa incorporación da fotoxornalista Alba Sotelo, unha muller amante do rural que nos vai levar da man polas parroquias galegas para descubrir a Galicia máis auténtica. O primeiro dos destinos é Bueu coas súas seis parroquias cheas de vida, de festas, tradicións e veciños que se coidan entre si. Neste podcast podes volver escoitar a primeira viaxe rural.