Primarias socialistas na Brújula de Galicia

Gonzalo Caballero: «Comigo á fronte o PSdG non vai ir cara unha estratexia de dereitización»

Gonzalo Caballero, actual secretario xeral e candidato á reelección, reitera que o seu proxecto é o que garante unha acción política de esquerdas, fronte a un Valentín González Formoso ao que ubica como máis cómodo con Alberto Núñez Feijóo.

Na entrevista na Brújula de Galicia de Onda Cero Galicia, Caballero volveu a presentarse como o candidato xurdido da militancia, na que dí que está a atopar «boas vibracións». Na conversa tamén aproveita para lanzar mensaxe velada a Ferraz; para lembrar que foi el quen apoiou aquí en Galicia a Pedro Sánchez, cando o presidente do Goberno se xogaba o seu futuro político.

ondacero.es

Galicia | 04.10.2021 20:50