Fin da instrución do caso da morte dun Policía Nacional en Ourense . A maxistrada Eva Armesto asegura no auto que "hai indicios suficientes" para concluír que os dous xemelos, axentes da Comisaria de Ourense mataron dun tiro na cabeza o seu compañeiro despois de roubar armas nun bunker das dependencias ourensáns.
A maxistrada mantén que modificaron a escena do crime para que parecera un suicidio, e ordena apertura de xuizo oral, con xurado popular.
Dende o Sindicato Unificado da Policía en Galicia, o portavoz Roberto González defende en La Brújula de Galicia o bo nome da Policía Nacional. Recoñece que se lles fai difícil o relato da maxistrada pero agardan que se remate canto antes con este procedemento.