JUDICIAL

El juicio por el accidente del Alvia se pospone al 5 de octubre

As alegacións presentadas por tres letrados obrigaron ao Xulgado do Penal número 2 de Santiago de Compostela a aprazar o inicio do xuízo polo accidente do tren Alvia, previsto para o próximo 20 de setembro, ao 5 de outubro. Os tres avogados, os cales representan a un dos acusados -o director de Seguridade na Circulación de Adif no momento dos feitos-, á Plataforma Vítimas Alvia 04155 e a unha aseguradora, acreditaron a coincidencia con outros xuízos sinalados con anterioridade e, por iso, solicitaron a suspensión e cambio de sinalamento dalgunhas das sesións do calendario proposto o pasado 11 de abril polo Xulgado do Penal número 2 de Santiago de Compostela.

Redacción | ondacero.es

GALICIA | 26.04.2022 15:58

Familiares y víctimas del accidente del Alvia en Angrois aseguran que "es hora de que empiece a haber dimisiones y ceses"
Familiares y víctimas del accidente del Alvia en Angrois aseguran que "es hora de que empiece a haber dimisiones y ceses" | Familiares y víctimas del accidente del Alvia en Angrois aseguran que "es hora de que empiece a haber dimisiones y ceses"

A maxistrada explica no auto, contra o que non cabe presentar recurso, que, “a pesar da súa complexidade”, o xuízo polo accidente do Alvia “carece de preferencia sobre outros sinalados con anterioridade, de acordo co disposto no artigo 188.6 da Lei de Axuizamento Criminal”. Por tanto, segundo indica a xuíza na resolución, debe acceder á petición dos letrados solicitantes, “o que obriga a atrasar o inicio do xuízo ao 5 de outubro e a refacer o calendario, respectando, con todo, a proba a practicar nas distintas sesións (coas supresións por renuncia, substitucións ou ampliacións de proba acordadas) e as datas respecto das que as demais partes non manifestaron obxección”.No auto, a xuíza fixa o calendario da vista oral, na que está prevista a intervención de máis de 700 testemuñas e peritos. O xuízo, segundo ese programa, comezará o mércores 5 de outubro, coa práctica das probas relativas á acción penal, as cales se desenvolverán ata o 3 de febreiro, quedando reservados os días 7, 8, 9 e 10 de febreiro para eventuais incidencias ou a continuación de declaracións que puidesen quedar pendentes. Desta forma, os testemuños relativos ás accións civís iniciaranse o 14 de febreiro e prolongaranse ata mediados de xuño. Desde o 20 de xuño, ata a súa finalización, o xulgado reservou os martes, mércores e xoves para a práctica da documental, as conclusións e informes.