Monforte celebra o VI Festival do Viño da Ribeira Sacra nesta primeira fin de semana de xullo. Repasamos obxetivos e actividades do mesmo conversando co alcalde José Tomé Roca, con Antonio Lombardía, presidente da D.O Ribeira Sacra e pregoeiro do evento. Con adegueiros, Antonio Núñez de Adega Petrón, Eva Lorenzo de Vía Romana, María Jesús López de Cividade, Roberto Flamini de Alma da Donas, Jorge Feijóo de Adega Vella. Como complemento celébranse varias actividades como catas e obradoiros que repasamos cos enólogos David Pascual e Iván Olmedo, presidente e tesoureiro da Asociación Galega de Enólogos e poñemos o punto final este especial conversando con Xosé Lois Foxo, musicólogo e Director da Real Banda de Gaitas de Ourense que actúa na inauguración do Festival.