Abrimos repasando novas do sector vitícola co presidente do CR Antonio Lombardía e o técnico Alfonso Losada. Este venres será presentada a película documental que dos tres meses de confinamento en Monforte do Circo Nevada, un taballo audiovisual de Manuel Valcárcel coa produción de Iván Patiño e cos dous falamos no programa de hoxe. Vida rural e turismo centrará unha mesa redonda preparada para esta tarde no IES Río Cabe. Falamos da iniciativa con Carmen Delia Díaz que exercerá de moderadora. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, conversamos tamén co xerente da Asociación Prodeme e dos compromisos aos que chegou con eles a conselleira de Política Social que os vén de visitar.