Este sábado empeza en Monforte o Campionato do Mundo de Carreiras de Aventura, a RAID GALLAECIA AR WORLD. Abrimos programa conversando con Pablo López director desta singular carreira. Máis de 75.000€ de facturación sumaron os establecementos asociados ao CCU de Monforte que teñen habilitada venda "on line". Buscamos máis información conversando co xerente Ángel Folgueira. Falamos tamén con Juan Manuel Rodriguez, do libro de poemas que hoxe presenta no Ateneo Casino. No concurso "La Receta de tu Vida" hoxe metémonos na cociña do Bistró, con Manuel Fernández. E do repaso informativo a outros asuntos da actualidade máis próxima destacamos os datos da vendima, lévanse recollido na D.O Ribeira Sacra, máis de 3,5M de quilos de uva.