Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 01/12/2022

Programa completo do 01/12/2022

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 01.12.2022 14:22

Abrimos programa conversando co alcalde de Monforte das luces de Nadal que se prenden maña, dos orzamentos e entre outros asuntos dos problemas na rede de abastecemento de auga municipal. Suspendida a folga indefinida que tiña a CIG convocada no SAF. Suspendida a negociación do convenio colectivo, toca agardar novas xuntanzas. Falamos delo con Xosé Manuel Silva, o secretario local da CIG. A Asociación Luis Nieves, entrega maña a segunda beca para formación musical niste caso dun rapaz de Monforte. Rosa Nieves, presidenta da Asociación danos máis datos. Conversamos con Manuel María López, director do documental "O Son do Courel" e con David Vázquez e Lorena Gallardo que seguen recollendo premios por "El último de Arganeo", e van xa 14. Entre outros asuntos, repasamos tamén novas do ámbito xurídico co avogado Javier Leiro, niste caso sobre o dereito a adaptar turnos laborais os horarios da custodia compartida dun fillo.