Hoxe comeza o concurso de tapas do concello de A Pobra Brollón. Falamos del co alcalde Xosé Lois Maceda. En Froxán recuperan a Festa da Pisa da Castaña Seca que están organizando para este sábado. Organiza a Asociación Fonte do Milagro e falamos co presidente, Evaristo Méndez. Repasamos previsións de ocupación no sector hostaleiro da Ribeira Sacra coa xerente do Consorcio, Alexandra Seara. Conversamos con alumnos do IES Daviña Rey e o profesor Vicente Docasar que marchan maña de viaxe cultural a Bélxica. Entre outros asuntos, falamos tamén de libros e repasamos con Paula Vázquez Verao presentacións que prepara para este mes de decembro a Libraría da Proencia.