Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 03/01/2022

Programa completo do 03/01/2022

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 03.01.2022 14:20

Hoxe despedimos a Nemesia Fernández Rodríguez a avoa do Concello de Pantón, a veciña máis lonxeva da Ribeira Sacra. Finou con 109 anos de idade e na súa memoria hoxe recuperamos declaracións e panxoliñas que nos cantaba en 2018. E en Pantón teñen en marcha un concurso de fotografía que repasamos con Lucas Vázquez, presidente do colectivo convocante. Conversamos coa voceira do PP de Monforte, Katy Varela, que entre outras cousas fai balance de 2021. Un moi bo ano para o piragüismo monfortino, que repasa o director deportivo do Club Quixós, Santi Díaz, co que falamos tamén das primeiras actividades que veñen de realizar esta fin de semana, descenso do río Cabe e Campionato onte en Mondariz.