Repasamos novas da actualidade máis próxima e no espazo adicado ao sector vitícola conversamos co presidente do CRDORS Antonio Lombardía e o técnico Alfonso Losada Quiroga. Falamos tamén con adegueiros premiados na cata da Feira do Viño de Amandi, Víctor Rodríguez de Val da Lenda, Isabel Fernández de Gullufre e Diego Rodríguez de Don Bernardino. E ás portas da Feira Medieval coñecemos algo máis de espectáculos que formarán parte da mesma como o Torneo de Xustas, do que falamos con Joaquín Rodríguez, de Hípica Celta, e de cetrería con Francisco González, de Falcóns Galicia.