Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 05/01/2021

Programa completo do 05/01/2022

Manuela Porto

Monforte de Lemos | 05.01.2022 14:16

Os Reis Magos están xa por estas terras. Ao longo da mañá visitaron parroquias do concello de Sober e tamén do Courel. Repasamos actividades que con eles teñen organizadas para esta tarde noutros concellos da zona. E o alcalde de Monforte anuncia novo reparto de máscaras a partir do luns, 10 por cada veciño censado neste concello que as deberán recoller no Multiusos. E aberto o prazo para inscribirse no sexto Coworking Ribeira Sacra que se vai poñer en marcha próximamente. Falamos con Alfonso Martínez que será o director do mesmo. E os representantes de CCOO para esta zona analizan os datos do paro e a reforma laboral que prepara o goberno. Repasa cifras Mario Docasar, secretario de acción sindical do citado sindicato. Entre outros asuntos, repasamos tamén no programa a incidencia da Covid que segue sumando positivos tamén nestas terras do sur de Lugo.