Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 06/10/2022

Programa completo do 06/10/2022

Manola Porto

MONFORTE DE LEMOS | 06.10.2022 15:26

Tarde de teatro hoxe en Monforte, abrimos programa conversando coa actriz protagonista de "El Caballero Incierto", Silvia de Pé. Dez ilustradores da Comarca de Lemos súmanse a unha campaña que pon en marcha a delegación da Mesa Pola Normalización Lingüística na zona para fomentar o galego entre @s nen@s a través das consultas dos pediatras. Falamos da iniciativa con Xosé Manuel Martínez, delegado da Mesa para esta zona. No gabinete xurídico que compartimos cada xoves con Abogados Vigo10, fálanos hoxe de expropiacións Héctor Silva. Onte mesmo rematou campaña arqueolóxica en Proendos, facemos balance desta última intervención co arqueólogo Fran Alonso, director do proxecto. Entre outros asuntos, conversamos tamén co alcalde de O Saviñao, onde agardan ter rematado para esta fin de semana a nova estructura de madeira de 5 metros de altura que colocaron nun dos miradoiros que teñen hacia o Cabo do Mundo. Con Carlos Armesto repasamos tamén outros temas de actualidade do citado concello.